{"product_id":"a-batalla-do-paraiso-triste","title":"A batalla do paraíso triste","description":"\u003cp\u003eTítulo:A batalla do paraíso triste\u003cbr\u003e\nAutor:Pena Sánchez, Xosé Ramón\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:16\u003cbr\u003e\nAño de edición:\u003cbr\u003e\nISBN:9788497829229\u003cbr\u003e\nSinopsis:Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d' O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas -antigo oficial portugués- retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Con todo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade, vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos servizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que se complica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmao. A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, esperanzas e desenganos;de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que a ditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739889906001,"sku":"9788497829229","price":1990.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849782922_464cca4e-ca0b-4276-be6c-96a09cdee70e.jpg?v=1746230054","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-batalla-do-paraiso-triste","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}