{"product_id":"a-madrina","title":"A madriña","description":"\u003cp\u003eTítulo:A madriña\u003cbr\u003e\nAutor:Araújo, Nones\u003cbr\u003e\nEditorial:HERCULES EDICIONES\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:120\u003cbr\u003e\nAño de edición:2023\u003cbr\u003e\nISBN:9788419754141\u003cbr\u003e\nSinopsis:Era o ano 57 do século pasado. A madriña, muller entrada en anos, obriga ao destino a poñer nas súas mans a vida dunha nena que, filla de pais emigrados, queda baixo a súa tutela, en total desamparo. A madriña, rexida polos mandamentos divinos e convencida de que o sufrimento e o sacrificio son virtudes e non atrancos, educa a afillada nunha pedagoxía austera na que sempre un censor, un deus ou un xuíz avaliarían a diario os feitos da pequena. A escola, as cartas e as fotos que chegan polo océano son as únicas alegrías que ela lle permite nos anos da nenez compartida. Só o avó paterno é quen de demostrarlle cariño, pois a madriña, afastada da familia, interpreta o mundo como un val de bágoas, sen saber atopar ningún pracer na vida. Ao regreso dos pais de Venezuela, a vida familiar da nena e dos dous irmáns énchese de gozo pero tamén de desacougos. Só as festas en agosto na aldea mudan o mundo: o bo sempre abonda e o malo semella escaso. Pasados uns anos, é na cidade de acollida onde comeza o futuro da pequena xa adolescente. Aí vive descubertas marabillosas e outras desacougantes que a empurran a medrar á présa. Estaba escrito nas estrelas ou só no corazón que o azar fixese ben o seu traballo: foi o amor o que, agochado tanto tempo, lle recuperou a nenez, sen rancor.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48908353601873,"sku":"9788419754141","price":17.1,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978841975414.jpg?v=1719554702","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-madrina","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}