{"product_id":"a-medicion-do-mundo","title":"A medición do mundo","description":"\u003cp\u003eTítulo:A medición do mundo\u003cbr\u003e\nAutor:Kehlmann, Daniel\u003cbr\u003e\nEditorial:GALAXIA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:16\u003cbr\u003e\nAño de edición:2006\u003cbr\u003e\nISBN:9788482889528\u003cbr\u003e\nSinopsis:Daniel Kehlmann describe cun sutil toque de humor a vida de dous xenios, as súas ansias e debilidades, os seus paseos pola raia fina que separa a ridiculez da grandeza, o éxito do fracaso. A medición do mundo é un requintado xogo de feitos e ficcións, unha novela de aventuras de extraordinaria fantasía, forza e interese. A historia de dúas aventuras vitais que acabarían por determinar a nosa maneira de entender o mundo. Contra a fin do século XVIII, dous científicos alemáns emprenden a tarefa de medir o mundo. Un deles, o xeógrafo Alexander von Humboldt, logo de partir en barco desde a cidade da Coruña, ábrese paso pola selva e a estepa, navega polo Orinoco, proba no propio corpo os efectos dos velenos, métese no interior de covas, escala volcáns, encontra monstros mariños e tópase con antropófagos. O outro, o matemático e astrónomo Carl Friedrich Gauss demostra, sen moverse da súa casa de G\"ttingen, que o espazo é curvo. De vellos, xa famosos e tamén unha miguiña excéntricos, encóntranse os dous no Berlín de 1828. Pero aínda non ben descendeu Gauss do seu coche de cabalos e xa se ven ambos e dous enredados no tumulto político que segue á caída de Napoleón. A medición do mundo acadou xa en Alemaña os 769.000 exemplares vendidos e vaise traducir a 35 linguas.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739591553361,"sku":"9788482889528","price":222.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848288952_dd14b4ba-4835-4936-bb66-dc1651daab8f.jpg?v=1746224860","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-medicion-do-mundo","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}