{"product_id":"a-morte-de-valle-inclan-o-ultimo-esperpento","title":"A morte de Valle-Inclán. O último esperpento","description":"\u003cp\u003eTítulo:A morte de Valle-Inclán. O último esperpento\u003cbr\u003e\nAutor:Reigosa, Carlos G. del Valle-Inclán Alsina, Javier Monleón, José\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:10\u003cbr\u003e\nAño de edición:2016\u003cbr\u003e\nISBN:9788499149639\u003cbr\u003e\nSinopsis:Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Compostela acabaría por converterse nun dos seus propios esperpentos. O derradeiro. O que aquí se desvela. Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente. O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal. A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51056950313297,"sku":"9788499149639","price":1895.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849914963.jpg?v=1746352938","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-morte-de-valle-inclan-o-ultimo-esperpento","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}