{"product_id":"a-muller-de-lona","title":"A muller de lona","description":"\u003cp\u003eTítulo:A muller de lona\u003cbr\u003e\nAutor:Santos Ledo, Alberte\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO, S.L.\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:238\u003cbr\u003e\nAño de edición:2022\u003cbr\u003e\nISBN:9788484875840\u003cbr\u003e\nSinopsis:O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento. Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48905290187089,"sku":"9788484875840","price":17.05,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487584.jpg?v=1719509240","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-muller-de-lona","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}