{"product_id":"a-pension-eva","title":"A pensión Eva","description":"\u003cp\u003eTítulo:A pensión Eva\u003cbr\u003e\nAutor:Camilleri, Andrea\u003cbr\u003e\nEditorial:GALAXIA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:7\u003cbr\u003e\nAño de edición:2006\u003cbr\u003e\nISBN:9788482888248\u003cbr\u003e\nSinopsis:Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña \"pensión\" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen esperanza da guerra. Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unha historia que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelas dunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camilleri sorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e que engaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739591422289,"sku":"9788482888248","price":1686.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848288824_e70ef26c-3bfb-493f-a6a8-06d64fcbe12b.jpg?v=1746224857","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-pension-eva","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}