{"product_id":"a-pita-xefa","title":"A pita xefa","description":"\u003cp\u003eTítulo:A pita xefa\u003cbr\u003e\nAutor:Lado Ínsua, Marta\u003cbr\u003e\nEditorial:BAIA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA DURA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:34\u003cbr\u003e\nAño de edición:2021\u003cbr\u003e\nISBN:9788499953816\u003cbr\u003e\nSinopsis:Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) O tribunal recoñeceu na obra: ?A temática axústase estritamente ás bases, criticando os roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos. Enmárcase nun mundo animal-natureza co que é doado que se identifiquen as lectoras e lectores aos que vai dirixida, considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis que rexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo. Abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto a utilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario. O emprego do galego está moi coidado, presentando estruturas e léxico do noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e está ben adaptada a primeiras lectoras e lectores. Trátase, á fin, dun texto rico en imaxes, o que favorecerá o traballo de ilustración da obra. Ambos rexistros, texto e imaxe, poderán perfectamente complementarse e dar lugar a un fermoso álbum ilustrado?. *** Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48786463261009,"sku":"9788499953816","price":14.63,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849995381.jpg?v=1718057513","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-pita-xefa","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}