{"product_id":"a-propiedade-do-vento-galego","title":"A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO","description":"\u003cp\u003eTítulo:A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO\u003cbr\u003e\nAutor:Rosa Mª Regueiro Ferreira\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO (IBD)\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:OTRO FORMATO LIBRO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:1\u003cbr\u003e\nAño de edición:2016\u003cbr\u003e\nISBN:9788484873341\u003cbr\u003e\nSinopsis:A PROPIEDADE DO VENTO GALEGO O desenvolvemento do sector eólico en Galiza (1995-2011)Neste libro, a autora analiza e contrasta as políticas de fomento da enerxía eólica levadas a cabo nos principais países produtores do mundo (China, Alemaña, Estados Unidos e o Estado español), en países pioneiros (Dinamarca, Reino Unido, Francia e Holanda) e en áreas potencialmente significativas (Xapón, Lituania e América Latina), tanto en enerxía eólica terrestre como en enerxía eólica offshore.Centra o seu estudo na caracterización do marco normativo desenvolvido en Galiza desde o ano 1995 até a actualidade, analizando as diferentes etapas en función da normativa en vigor e determinando a potencia eólica instalada en cada unha desas etapas. Estuda de xeito pormenorizado o concurso eólico do goberno bipartito da Xunta de Galicia, así como o primeiro concurso eólico do actual goberno, definindo as principais fortalezas e debilidades de cada un. Ademais, presenta a titularidade da potencia eólica instalada en Galiza, chegando a configurar o actual atlas empresarial eólico de Galiza, en que a participación de empresas de capital estranxeiro é notabelmente significativa e superior á das empresas de capital maioritariamente galego.Galiza converteuse nunha potencia eólica, un territorio que serviu de campo de probas a desenvolvementos posteriores noutros lugares, que transformou en parte o sistema enerxético galego e español e que modelou a paisaxe. Este papel destacado posibelmente se manteña no futuro, mais o prezo que houbo que pagar quizás fose demasiado alto.O vento seguirá chegando aos montes galegos, mais o vento de Galiza xa non é galego e, de mantérense as circunstancias que o fixeron posíbel, non volverá a selo.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48752280797521,"sku":"9788484873341","price":161.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487334_2bfaf3a3-0fdf-4d85-92d6-2a816edf5a38.jpg?v=1746378635","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-propiedade-do-vento-galego","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}