{"product_id":"a-vixilia-do-bosque","title":"A vixilia do bosque","description":"\u003cp\u003eTítulo:A vixilia do bosque\u003cbr\u003e\nAutor:Álvarez Torneiro, Manuel\u003cbr\u003e\nEditorial:FAKTORIA K DE LIBROS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:88\u003cbr\u003e\nAño de edición:2024\u003cbr\u003e\nISBN:9788419213518\u003cbr\u003e\nSinopsis:Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48910263812433,"sku":"9788419213518","price":13.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978841921351.jpg?v=1719575199","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/a-vixilia-do-bosque","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}