{"product_id":"alguen-vira","title":"Alguén virá...","description":"\u003cp\u003eTítulo:Alguén virá...\u003cbr\u003e\nAutor:García Martínez, Pablo\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO, S.L.\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:124\u003cbr\u003e\nAño de edición:2023\u003cbr\u003e\nISBN:9788484876236\u003cbr\u003e\nSinopsis:Alguén virá é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luís Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlántico norte co que el seguía vencellado, aínda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da posguerra despois da Segunda Guerra Mundial contrastaba coa persistencia da guerra que expulsara da península a milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto ineludible para entender o encontro cos intelectuais de Galaxia do período 1956-1958, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia á que estaban forzados os exiliados, unha conclusión pesimista que metaboliza, porén, a través da escritura literaria. Exemplo disto son o poemario As cicatrices (1959) e, sobre todo, a obra de teatro A soldadeira (1957), analizadas no libro. Alguén virá parte destes escritos para establecer un diálogo entre a filosofía da historia coa que o romántico Seoane se defende do momento de perigo que foron para el os anos cincuenta e os textos que escribira dúas décadas antes unha das voces de referencia do romanticismo revolucionario da Europa de entreguerras, o Walter Benjamin das Teses sobre a filosofía da historia. Pensar a Seoane dende o diálogo co fervedoiro que foi a Europa dos anos vinte e trinta, que el non deixa de revisitar ata a fin dos seus días, é facerlle xustiza ao pensamento que informa o seu plural legado cultural.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48906973249873,"sku":"9788484876236","price":14.21,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487623.jpg?v=1719556829","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/alguen-vira","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}