{"product_id":"antoloxia-do-doce-estilo-novo","title":"Antoloxía do Doce Estilo Novo","description":"\u003cp\u003eTítulo:Antoloxía do Doce Estilo Novo\u003cbr\u003e\nAutor:Varios autores\u003cbr\u003e\nEditorial:GALAXIA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:OTRO FORMATO LIBRO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:30\u003cbr\u003e\nAño de edición:2005\u003cbr\u003e\nISBN:9788484273608\u003cbr\u003e\nSinopsis:En colaboración coa Fundación Caixa Galicia, Galaxia publica na colección Clásicos Universais a Antoloxía do Doce Estilo Novo, en edición e tradución do poeta e escritor Darío Xohán Cabana. Setecentos anos despois, aquela poesía que revolucionou o gusto literario de toda unha época conserva a súa viveza e segue a revelar un labor literario obsesionado coa exactitude expresiva e que mostra a sensibilidade duns poetas que eran conscientes de estar construíndo un pensamento poético novo. Dante Alighieri foi quen bautizou e caracterizou por primeira vez esta escola poética, da cal é considerado o principal expoñente. Agora, os lectores e lectoras poden apreciar a mestría do poetizar dunha escola que había deixar fonda pegada na evolución da linguaxe poética. A coidada tradución de Darío Xohán Cabana publícase, en edición bilingüe, acompañada do texto orixinal italiano. Esta nova concepción poética, que xurdiu nas cidades italianas de Florencia e Boloña no derradeiro terzo do século XIII, é unha maneira diferente de entender a vida sentimental, unha sensibilidade nova expresada a través da poesía. O iniciador desta nova maneira de poetizar sería Guido Guinizelli, e logo viría o grande Cavalcanti. Ao carón e á sombra destas senlleiras figuras, a antoloxía inclúe, entre outros poetas, a Lapo Gianni, a Gianni Alani e a Dino Frescobaldi. Todos eles desenvolveron a súa obra cunha abraiante afinidade e uns logros que han sorprender ao lector ou lectora de hoxe.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739586998609,"sku":"9788484273608","price":221.35,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848427360_4d0241e5-e8f0-4884-becd-7378c69f8d94.jpg?v=1746224760","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/antoloxia-do-doce-estilo-novo","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}