{"product_id":"arredor-das-irmandades-da-fala","title":"ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA","description":"\u003cp\u003eTítulo:ARREDOR DAS IRMANDADES DA FALA\u003cbr\u003e\nAutor:VV.AA.\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:18\u003cbr\u003e\nAño de edición:2016\u003cbr\u003e\nISBN:9788491210900\u003cbr\u003e\nSinopsis:Este libro, coordinado polo profesor Luís Cochón, reúne trinta traballos moi diversos arredor das Irmandades da Fala, o fenómeno que supón o principio da modernidade en Galicia no século XX. Un período, entre 1914 e 1931, que na historia do galeguismo configura un espazo sen volta no acontecer de Galicia, que comeza co inicio da Gran Guerra e se alonga até a proclamación da República do 31, ano de fundación do Partido Galeguista e da celebración da VII Asemblea das Irmandades da Fala, principio e cabo deste tempo. Tras un limiar de X. L. Méndez Ferrín e unhas palabras introdutorias do editor literario, os traballos organízanse en tres grandes bloques: Pensamento, Política e Poética. Unha tríade que, coincidindo coa celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, artella un libro de intención coral, interdisciplinar, transversal e aberta. \" Nesta obra, en realidade, aquel que se presenta como coordinador é verdadeiramente un autor. Luís Cochón esixe e orienta os partícipes que ten ao seu redor e reparte traballo. E dálles a palabra aos mortos. Pilla aquí e acolá, do patrimonio de vivos e defuntos, porcións de pensamento que acheguen máis as Irmandades para que poidamos rescatalas do estado de momificación nocional en que se encontran no discurso histórico comunmente aceite e oficializado. Pódese falar de collage, de mosaico, mesmo de farrapeira, pero o resultado é un centón que vai apaixonar o lector disposto a participar da aventura menos coñecida do pasado do cal dependemos\". X. L. MÉNDEZ FERRÍN\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48755627557201,"sku":"9788491210900","price":299.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849121090_d2d0c630-cbeb-463d-89f6-58d3cf8f0de8.jpg?v=1746387056","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/arredor-das-irmandades-da-fala","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}