{"product_id":"as-artes-da-vida-de-anxel-huete","title":"As artes da vida de Ánxel Huete","description":"\u003cp\u003eTítulo:As artes da vida de Ánxel Huete\u003cbr\u003e\nAutor:Álvarez Cáccamo, Xosé Mar¡a\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO (IBD)\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:OTRO FORMATO LIBRO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:1\u003cbr\u003e\nAño de edición:2017\u003cbr\u003e\nISBN:9788484873525\u003cbr\u003e\nSinopsis:Máis que unha biografía de perfil canónico, \"As artes da vida de Ánxel Huete\" quere ser un retrato dinámico, acaso unha sucesión de retratos fiados en fita narrativa e organizada en secuencias temáticas: estudos, viaxes, experiencia política, activismo cultural, amor e amizade, labor pedagóxico, traballo creativo.O discurso textual foi trazado con instrumentos de perspectiva múltiple: a voz do narrador implicado, integrado en grande medida no ámbito que ocupa o protagonista;a do personaxe retratado, Ánxel en primeira persoa e declaración directa ou recollida de diversas publicacións;a das citas extraídas de catálogos e libros e da súa tese doctoral inédita;e, finalmente, a voz coral dun feixe de amigos e amigas dos que solicitei un testemuño, unha semblanza.Ademais de ir trazando un percorrido ao longo da historia do oficio de artista de Ánxel Huete, estas páxinas pretenden ofrecer a imaxe das súas artes de vivir, cultivadas con intensa vontade de construción persoal e de colaboración en labores de edificación colectiva. O narrador, situado nun espazo de proximidade ao habitat vivencial, creativo e intelectual do protagonista, configúrase maiormente como figura de amizade. Este libro pretende achegar a imaxe biográfica do home e do artista, pero tamén a dos afectos que me ligan a el. Mais no substrato da súa intención non latexa o pulo da vontade encomiástica, laudatoria ou axiolóxica, senón só a manifestación natural da simpatía e atracción que a vida e a obra de Huete me producen.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48756651688273,"sku":"9788484873525","price":134.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487352_5259da40-be9f-49f0-a522-f12448637110.jpg?v=1746408853","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/as-artes-da-vida-de-anxel-huete","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}