{"product_id":"as-cousas-que-non-queremos-oir","title":"AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR","description":"\u003cp\u003eTítulo:AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR\u003cbr\u003e\nAutor:Reimóndez, María\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:24\u003cbr\u003e\nAño de edición:2017\u003cbr\u003e\nISBN:9788491212959\u003cbr\u003e\nSinopsis:A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. \" As cousas que non queremos oír \" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer. Nesta nova entrega do \" Ciclo dos elementos \" , Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de \" En vías de extinción \" , \" A música dos seres vivos \" e \" Dende o conflito \" , \" As cousas que non queremos oír \" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48758589555025,"sku":"9788491212959","price":223.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849121295_dcfee821-3f77-49ea-85cd-d1c20ab09c6d.jpg?v=1746428947","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/as-cousas-que-non-queremos-oir","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}