{"product_id":"atuado-na-brana","title":"Atuado na braña","description":"\u003cp\u003eTítulo:Atuado na braña\u003cbr\u003e\nAutor:Quiroga, Xabier\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:31\u003cbr\u003e\nAño de edición:2002\u003cbr\u003e\nISBN:9788483027707\u003cbr\u003e\nSinopsis:Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar.O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe. Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739884826961,"sku":"9788483027707","price":2465.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848302770_2e446c7a-4d6e-4fdb-b626-c6471d2f10f1.jpg?v=1746229973","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/atuado-na-brana","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}