{"product_id":"cabanillas-otero-pedrayo","title":"Cabanillas\/ Otero Pedrayo","description":"\u003cp\u003eTítulo:Cabanillas\/ Otero Pedrayo\u003cbr\u003e\nAutor:Manuel Castelao Mexuto\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO (IBD)\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:NULL\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:358\u003cbr\u003e\nAño de edición:\u003cbr\u003e\nISBN:9788484875598\u003cbr\u003e\nSinopsis:Cabanillas\/ Otero PedrayoSubtítulo: Na noite estrelecida \/ Arredor de si Todo o fulgor da época \"Nós\" fixo posíbel e resoa nas súas múltiplas facetas en Na noite estrelecida, as \"sagas\" artúricas de Ramón Cabanillas. Tras percorrermos o seu proceso de devoración textual do pasado para o proxectar con valor reflexivo sobre o presente, adquire aínda máis pleno sentido Arredor de si. Nel, Ramón Otero Pedrayo creou unha estratexia narrativa da máxima ousadía, en ton co seu proxecto político cultural, e deu á luz unha obra prima, onde o ideolóxico e o literario conseguen fundirse con rara perfección, ao facer do seu narrador a voz onde a nosa Historia se dá sentido e inaugura o retorno da Galiza á consciencia de si, porta para o desenvolvemento da súa liberdade.Conclúe así Laiovento a publicación da viaxe de Manuel Castelao Mexuto pola literatura galega de Novecentos, que comezou co volume dedicado a Os eidos, de Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio, e continuou cos que tiveron por obxecto De catro a catro, de Manoel Antonio, e O incerto señor don Hamlet, de Cunqueiro. Todos eles compón a serie que designamos cun nome inequívoco: \"Un modo de ler\", pois do que se trata, xustamente, é de reivindicar a literatura como experiencia onde se unen o gozo e a reflexión en feliz e incesante vaivén.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48787135660369,"sku":"9788484875598","price":23.7,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487559.jpg?v=1718064249","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/cabanillas-otero-pedrayo","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}