{"product_id":"de-provincia-a-nacion","title":"De provincia a nación","description":"\u003cp\u003eTítulo:De provincia a nación\u003cbr\u003e\nAutor:Beramendi, Justo\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:1248\u003cbr\u003e\nAño de edición:2021\u003cbr\u003e\nISBN:9788491218289\u003cbr\u003e\nSinopsis:De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións -a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral- e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48780054462801,"sku":"9788491218289","price":52.2,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849121828.jpg?v=1717989295","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/de-provincia-a-nacion","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}