{"product_id":"g-a-rapa-das-bestas-de-sabucedo","title":"(g).a rapa das bestas de sabucedo","description":"\u003cp\u003eTítulo:(g).a rapa das bestas de sabucedo\u003cbr\u003e\nAutor:Cabada Castro, Manuel\u003cbr\u003e\nEditorial:IR INDO\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:OTRO FORMATO LIBRO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:1\u003cbr\u003e\nAño de edición:\u003cbr\u003e\nISBN:9788476807613\u003cbr\u003e\nSinopsis:A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional. Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea. En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias e garañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os \"aloitadores\", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a \"Baixa\" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa. A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48784398811473,"sku":"9788476807613","price":19.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978847680761.jpg?v=1718038552","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/g-a-rapa-das-bestas-de-sabucedo","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}