{"product_id":"historia-da-literatura-galega-contemporanea","title":"Historia da literatura galega contemporánea","description":"\u003cp\u003eTítulo:Historia da literatura galega contemporánea\u003cbr\u003e\nAutor:Carballo Calero, Ricardo\u003cbr\u003e\nEditorial:GALAXIA\u003cbr\u003e\nIdioma:SPA\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:896\u003cbr\u003e\nAño de edición:2020\u003cbr\u003e\nISBN:9788491514213\u003cbr\u003e\nSinopsis:Día das letras galegas 2020 Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, é dicir, que está ligada ás orixes da vida colectiva dos galegos durante os tempos actuais: séculos XIX e XX. Os acontecementos que marcan ambas as datas sinalan fitos que constitúen sinais de termo moi relevantes no devir histórico de Galicia. A literatura do país, directa ou indirectamente, é testemuño elocuente daquel acontecer. Desde os textos patrióticos e políticos do primeiro terzo do século XIX -que nas vellas formas do academicismo neoclásico e do popularismo ilustrado expresan as recentes ideas ou a oposición ás mesmas- ata as fórmulas vangardistas e as preocupacións polo destino da terra que bolen nos textos escritos nas vésperas xulianas, a lingua galega percorre un breve, pero esgrevio camiño, en procura da súa identidade literaria, ás apalpadelas de primeiras, descubrindo logo e loitando por asimilalos, os precedentes medievais, abalando entre o enxebre dialectalismo e a cobiza de xeneralidade, trompicando aquí, erguéndose alá, nun xurdio esforzo, as máis veces incontrolado, por atopar e rego e o enderezo que converta a fala espontánea en lingua de cultura. Este libro traza a hisotira desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientífica. Unha suma benfaturenta de datos novos foi arrecadada para fornecer firmeza ás páxinas do volume, xa que en moitos aspectos o autor decruou as leiras que lle correspondía cultivas;polo que a obra é de investigación persoal máis que de síntese de traballos anteriores.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48776925315409,"sku":"9788491514213","price":39.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849151421.jpg?v=1717940483","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/historia-da-literatura-galega-contemporanea","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}