{"product_id":"historia-da-literatura-galega-iii","title":"HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III","description":"\u003cp\u003eTítulo:HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III\u003cbr\u003e\nAutor:PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:26\u003cbr\u003e\nAño de edición:2016\u003cbr\u003e\nISBN:9788491211075\u003cbr\u003e\nSinopsis:Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco. Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista\/nacionalista;consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica;indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional;abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48755520438609,"sku":"9788491211075","price":289.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849121107_e3fb796a-19b0-4302-8f74-9a72de569b2a.jpg?v=1746386128","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/historia-da-literatura-galega-iii","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}