{"product_id":"memorias-dun-exgalego","title":"Memorias dun exgalego","description":"\u003cp\u003eTítulo:Memorias dun exgalego\u003cbr\u003e\nAutor:Araújo Pérez, Josiño\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO, S.L.\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:282\u003cbr\u003e\nAño de edición:2022\u003cbr\u003e\nISBN:9788484875826\u003cbr\u003e\nSinopsis:\"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín\". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao \"éxito\". Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico. Atención ao inesquecible final. Con Memorias dun exgalego, Araújo rompe todos os moldes do convencional para asomarnos a un abismo moi politicamente incorrecto. Elena Méndez, La Voz de Galicia Preparen o corpo como o fan con Peckinpah ou Tarantino. Están advertidos da emocional vertixe. Oriana Méndez, Faro de Vigo\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48785951129937,"sku":"9788484875826","price":20.85,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487582.jpg?v=1719500061","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/memorias-dun-exgalego","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}