{"product_id":"musica-para-dias-de-inverno","title":"Música para días de inverno","description":"\u003cp\u003eTítulo:Música para días de inverno\u003cbr\u003e\nAutor:Pablo Nogueira\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO (IBD)\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:NULL\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:118\u003cbr\u003e\nAño de edición:\u003cbr\u003e\nISBN:9788484874812\u003cbr\u003e\nSinopsis:Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo.O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas.A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo.A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato. A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48778101096785,"sku":"9788484874812","price":14.21,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487481.jpg?v=1717952160","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/musica-para-dias-de-inverno","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}