{"product_id":"nacionalismo-liberalismo-e-outros-temas","title":"Nacionalismo, liberalismo e outros temas","description":"\u003cp\u003eTítulo:Nacionalismo, liberalismo e outros temas\u003cbr\u003e\nAutor:Xesús González Gómez\u003cbr\u003e\nEditorial:LAIOVENTO (IBD)\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:NULL\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:244\u003cbr\u003e\nAño de edición:\u003cbr\u003e\nISBN:9788484875956\u003cbr\u003e\nSinopsis:Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante do século XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importante crítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneira preferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, sen esquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep Pla... Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importancia políticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición -e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos- continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitos individuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradicións da sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española». Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laiovento quere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos do seu nacemento\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48834030076241,"sku":"9788484875956","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978848487595_6c59a566-26a7-4dc8-a321-5546dfc4185f.jpg?v=1718647998","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/nacionalismo-liberalismo-e-outros-temas","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}