{"product_id":"presente-continuo","title":"Presente continuo","description":"\u003cp\u003eTítulo:Presente continuo\u003cbr\u003e\nAutor:Reimóndez, María\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:5\u003cbr\u003e\nAño de edición:2013\u003cbr\u003e\nISBN:9788499145389\u003cbr\u003e\nSinopsis:O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. E o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esa gravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en 1994, da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotián, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se detén. Presente continuo é a voz que tenta lembrar que o pasado só ten relevancia cando permite construír un presente diferente.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48744801501521,"sku":"9788499145389","price":137.75,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849914538_500bd0dd-e8d4-4020-8684-a5f93c11b7f5.jpg?v=1746299678","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/presente-continuo","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}