{"product_id":"rosendo-salvado-e-o-mundo-aborixe-de-australia","title":"Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia","description":"\u003cp\u003eTítulo:Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia\u003cbr\u003e\nAutor:VV.AA\u003cbr\u003e\nEditorial:CONSELLO CULTURA GALEGA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:17\u003cbr\u003e\nAño de edición:2016\u003cbr\u003e\nISBN:9788492923649\u003cbr\u003e\nSinopsis:A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra;de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual na época do Imperio británico;a saber: aquela que consideraba os indíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «raza destinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». O fincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou a desnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galicia agacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobos esforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixes australianos como seres humanos dotados de dereitos individuais e colectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu en todo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticas establecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo da época, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51056997499217,"sku":"9788492923649","price":142.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849292364.jpg?v=1746353639","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/rosendo-salvado-e-o-mundo-aborixe-de-australia","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}