{"product_id":"sos-monstros-verdadeiros-ameazan-o-planeta","title":"SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta","description":"\u003cp\u003eTítulo:SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta\u003cbr\u003e\nAutor:G. Rohde, Marie\u003cbr\u003e\nEditorial:BAIA\u003cbr\u003e\nIdioma:\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA DURA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:50\u003cbr\u003e\nAño de edición:2020\u003cbr\u003e\nISBN:9788499953380\u003cbr\u003e\nSinopsis:SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos. Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos. As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo. *** «Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais. O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade! Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos! Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas!\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48776905392465,"sku":"9788499953380","price":19.15,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978849995338.jpg?v=1717940190","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/sos-monstros-verdadeiros-ameazan-o-planeta","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}