{"product_id":"un-longo-e-tortuoso-camino","title":"Un longo e tortuoso camiño","description":"\u003cp\u003eTítulo:Un longo e tortuoso camiño\u003cbr\u003e\nAutor:Quintana Garrido, Xosé Ramón\u003cbr\u003e\nEditorial:GALAXIA\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:20\u003cbr\u003e\nAño de edición:2010\u003cbr\u003e\nISBN:9788471543196\u003cbr\u003e\nSinopsis:Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política \"que importa\".Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48739572515153,"sku":"9788471543196","price":2845.25,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978847154319_c5cd380d-d773-448e-9a60-336f78a0d767.jpg?v=1746224481","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/un-longo-e-tortuoso-camino","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}