{"product_id":"unha-saca-de-patacas","title":"Unha saca de patacas","description":"\u003cp\u003eTítulo:Unha saca de patacas\u003cbr\u003e\nAutor:Coimbra, Francisco\u003cbr\u003e\nEditorial:XERAIS\u003cbr\u003e\nIdioma:GLG\u003cbr\u003e\nCurso:\u003cbr\u003e\nEncuadernación:RUSTICA\u003cbr\u003e\nNúmero de páginas:152\u003cbr\u003e\nAño de edición:2023\u003cbr\u003e\nISBN:9788411103640\u003cbr\u003e\nSinopsis:Unha muller galega desembarca no porto de Macau cunha saca chea de patacas. Vai visitar a súa sobriña e lévallas como agasallo de Galicia, pero o que ela descoñece é que a moeda de curso legal nesa rexión chinesa tamén recibe o nome de pataca. Entre os garduños do lugar, que viven de depenar turistas nos casinos macaenses, axiña comeza a correr o rumor dunha rica estranxeira, ao tempo que aparecen outros personaxes dispostos a protexer o tesouro da protagonista. A partir dese equívoco vaise urdindo unha narración chea de peripecias que nos leva por lugares de luxo, onde os cartos se desbalden a feixes, pero que tamén se achega á existencia silandeira dos subalternos, das persoas que viven á marxe de tales excesos. Nesta novela de Francisco Coimbra, a lingua galega, decididamente aberta á súa diversidade, gaña un papel central tanto na construción da voz narradora como no diálogo que os personaxes tecen co autor e coas lectoras e lectores, convidándonos a unha reflexión sobre as contradicións flagrantes do noso presente.\u003c\/p\u003e","brand":"tulibrodetexto.es","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48907302175057,"sku":"9788411103640","price":17.57,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0816\/8187\/5281\/files\/978841110364.jpg?v=1719536524","url":"https:\/\/tulibrodetexto.es\/products\/unha-saca-de-patacas","provider":"tulibrodetexto.es","version":"1.0","type":"link"}