tulibrodetexto.es
A botella de lentellas
A botella de lentellas
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Título:A botella de lentellas
Autor:Barbadillo, Leticia
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:RUSTICA
Número de páginas:152
Año de edición:2023
ISBN:9788411104098
Sinopsis:Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que acaba escachando e estrando de legumes o chan. Antes de deixarlle comer as orellas, a avoa sempre lle contaba as historias que esas orellas escoitaran. Agora que ela non está, será Manuel o encargado de imaxinar os relatos que escoitaron os doces que el mesmo preparou: sorprendentes historias protagonizadas todas elas por lentellas. A través deses relatos, que unen tres xeracións dunha mesma familia, o neno protagonista aprende a asumir a ausencia da avoa, a comprender a súa realidade social e familiar, e a sentirse un pouco máis unido ao pai.
Share
