tulibrodetexto.es
A vixilia do bosque
A vixilia do bosque
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Título:A vixilia do bosque
Autor:Álvarez Torneiro, Manuel
Editorial:FAKTORIA K DE LIBROS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:RUSTICA
Número de páginas:88
Año de edición:2024
ISBN:9788419213518
Sinopsis:Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.
Share
