Ir directamente a la información del producto
1 de 1

tulibrodetexto.es

De remate

De remate

Precio habitual €185,25 EUR
Precio habitual €195,00 EUR Precio de oferta €185,25 EUR
Oferta Agotado
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pago.

Título:De remate
Autor:Cajaraville, Héctor
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO
Número de páginas:10
Año de edición:2015
ISBN:9788499149318
Sinopsis:De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo. Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos. De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes;unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Ver todos los detalles