tulibrodetexto.es
HEREDEIROS DA CRUS
HEREDEIROS DA CRUS
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Título:HEREDEIROS DA CRUS
Autor:Díaz Ageitos, Antonio
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:LIBRO EN OTRO FORMATO
Número de páginas:200
Año de edición:2018
ISBN:9788491214304
Sinopsis:Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios. É unha peculiar peregrinaxe á que están convocadas dende hai meses. Nas redes sociais estendeuse unha mensaxe críptica a ollos profanos, pero evidente para os iniciados: «Volven os máis jrandes.» Un J que despexaba calquera dúbida. Oito anos antes, Heredeiros da Crus anunciaran a súa separación. Atrás, trece anos de historia, oito discos e centos de concertos de tolemia, escándalos, diversión e moito rock'n'roll. Unha lexión de seguidores de toda Galicia quedaba orfa. O tempo pasou e, nas redes sociais, paseniñamente, medrou unha idea lanzada ao aire á que cada vez se uniu máis xente: QUEREMOS QUE VOLVAN OS HEREDEIROS DA CRUS. Esta é a crónica de como o soño entolecido dun mariñeiro unha noite de marea rematou converténdose nun capítulo fundamental da historia do rock feito en Galicia. Unha viaxe que empeza a bordo dun pequeno pesqueiro, pasa por un galiñeiro e remata compartida en escenarios por milleiros de persoas.
Share
