Ir directamente a la información del producto
1 de 1

tulibrodetexto.es

Medo político e control social na retagarda franquista

Medo político e control social na retagarda franquista

Precio habitual €24,65 EUR
Precio habitual €25,95 EUR Precio de oferta €24,65 EUR
Oferta Agotado
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pago.

Título:Medo político e control social na retagarda franquista
Autor:Martínez Pereda, Lucio
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:RUSTICA
Número de páginas:496
Año de edición:2015
ISBN:9788499148083
Sinopsis:Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo -sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación...-, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores -comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería- que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.

Ver todos los detalles