Ir directamente a la información del producto
1 de 1

tulibrodetexto.es

O señor Lugrís e a negra sombra

O señor Lugrís e a negra sombra

Precio habitual €223,25 EUR
Precio habitual €235,00 EUR Precio de oferta €223,25 EUR
Oferta Agotado
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pago.

Título:O señor Lugrís e a negra sombra
Autor:Rei Núñez, Luís
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO
Número de páginas:19
Año de edición:2007
ISBN:9788497826419
Sinopsis:Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns.Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo;con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si;mais tamén realidade. Como a vida.

Ver todos los detalles