tulibrodetexto.es
Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia
Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia
No se pudo cargar la disponibilidad de retiro
Título:Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia
Autor:VV.AA
Editorial:CONSELLO CULTURA GALEGA
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:TAPA BLANDA O BOLSILLO
Número de páginas:17
Año de edición:2016
ISBN:9788492923649
Sinopsis:A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra;de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etnocéntrica e racista habitual na época do Imperio británico;a saber: aquela que consideraba os indíxenas miserentos corpos «sen alma», refugallos dunha «raza destinada a extinguirse» e, mesmo, seres da caste «dos orangutáns». O fincapé feito na súa extraordinaria dimensión misioneira ou a desnortada atención á súa lendaria importación do eucalipto a Galicia agacharon a cerna mesma do seu proxecto vital, os seus ímprobos esforzos a prol da autonomía persoal e política dos aborixes australianos como seres humanos dotados de dereitos individuais e colectivos e, xa que logo, de futuro cívico. Labor que desenvolveu en todo momento en aberta belixerancia contra discursos e prácticas establecidos tanto da man do protestantismo como do catolicismo da época, discorrendo ben lonxe dos modos dos evanxelistas do Imperio.
Share
